Gústame ver aos políticos romper protocolos e exteriorizar sentimentos. Gustoume ver a ZP dando botes tras a victoria electoral. A min se me votasen 11 millóns ben cumpridos de españois botaría durante horas e máis horas como un masai. Un periódico mala lingua asegurou que Mar Barcón axitou no palco de Riazor a bufanda branquiazul xusto detrás de Ramón Calderón. Pois paréceme ben, a pesar de que son do Real Madrid.
Agora falta por ver que fan os deportivistas co punto que mereceron e os dous que lles regalou Pepe. Deberían servir de abono que multiplique as súas forzas e lles permita vencer a equipos de menor avoengo. E Zapatero cos 169 deputados? Eu teño confianza en que moitas cousas boas. Pero, a bote pronto, que lles vai sumar para chegar ou sobrepasar a cifra máxica e absoluta dos 176? Hai tres posibilidades: os deputados mercantilistas de CiU, os independentistas do PNV mais os nacionalistas-oportunistas do BNG, ou a improbabilísima suma de todas as esquerdas ERC, IU, BNG.
Zapatero devolveume a ilusión socialista adormecida e amólame non termos sido quen de chegar aos 176 deputados nós soíños, porque deste xeito veríase a verdadeira dimensión política deste leonés algo baldroias, non hai maneira de que lle preste un traxe, pero firme e sorrinte como unha peza fuxida do Pórtico de Mestre Mateo.
169, ademais de ser un número divertido e suxerente é suficiente como para non ter que estar atado e poder ir de mozas cando a un lle pete. Pero non hai moza que non cause estragos no corazón dun home.
Dáseme a min que CiU pode ser unha moza ansiosa e pedichona que mentres che dá biquiños na orella pode limparche os billetes da carteira. E se Cataluña é unha nación importante nesta España, polo que aporta en cartos e en votos, hai que ter coidado, non vaia ser que por mercarlle a ela arracadas de ouro as demais nacións teñan que andar coas medias rotas. Malo
O PNV é unha moza exclusivista e moi independente, bastante caprichosa, das que quere facer o que lle dea a gana sen que un poida facer o propio. Xeitosa é, e con grandes pulos e enerxías. Quizais o amor (ao poder) que todo o pode amanse a fera. Pero a moza vasca leva do ganchete a galega do BNG, rebuldeira, fachendosa e con moitas gañas de lucirse polas rúas co seu galán. Perigo, entre as dúas poden tolear a calquera home. E o que tal presumiría esta última na nosa Galiza. Malo.
Por último, dáme a min que tres (BNG, ERC, IU) son moitas mulleres para un soio home, sobre todo estando dúas delas moi feridas no amor propio (ERC, IU), crendo as dúas que lles quitamos o que lles pertencía. Malísimo.
En fin, xa veremos. Eu confío no mozo firme e sorrinte. Como din os nosos parentes do Cono Sur, que le vaya bonito.
Desde Montealto, capital de capitais, Gerardo Morano.

8 comentarios:
Desde Montealto, Gerardo, estaría bien que te mojases, he leído tu artículo y chico, me he quedado como estaba, lo tuyo es la historia del gallego en la escalera, no se sabe si sube o baja. Te tengo por un tipo inteligente, así que te ruego que te mojes más en tus opiniones, que cada vez te pareces más a Rajoy.
¿Pero cómo se va a parecer Gerardo a Rajoy?, si es un rojazo de tomo y lomo, de esos que ya no quedan.
Gerardo: ¿cal é a túa opinión dos resultados en Galicia? ¿e da Coruña?
Gustariame que os anónimos se bautizasen para poder dirixirme a eles.
Ao primeiro anónimo respóndolle que sinto que o meu artigo non lle servise de nada, mais a miña posición está clara: non me gusta ningunha das posibilidades. A que a min me gustaba (exceptuando a nosa maioría absoluta) era que nós obtivesemos 171 escanos e IU mantivese os 5 seus.
Non me gusta CiU por ser un partido de dereitas que se caracterizou por realizar unha política chantaxista e ventaxista cando se lle presentou a oportunidade. Tampouco me gusta o PNV por ser un partido conservador e intransixente, ademais de presentaren certos posicionamentos idelóxicos que se aproximan á xenofobia. E sumarlle ao PNV o BNG quizais lle dea a estes últimos excesivo protagonismo que explotarán marabillosamente nas próximas eleccións autonómicas, o cal pode ser prexudicial para nós. Sen o BNG non se poderá gobernar (ninguén por optimista que sexa pode pensar que obteñamos 38 escanos), pero o que si podemos e debemos pretender e subirmos nós e que eles non suban.
Penso que Galiza non é nacionalista e que votantes do BNG poderían ir a un PSOE máis decidicamente galeguista.
Non me deteño na terceira opción porque me parece pouco viable, ERC e IU agora mesmo son dous animais feridos.
Por iso lle desexo toda a sorte do mundo a ZP, porque non é unha fácil decisión.
Ao segundo anónimo doulle as grazas polo de rojazo, interprétoo como unha loubanza no sentido de utópico e idealista.
Ao terceiro anónimo dígolle que a miña opinión é claramente positiva.
Vou por partes:
Galicia Congreso: respecto a 2004 medramos un 2'06% e 30.412 votos.
Provincia Coruña Congreso: respecto a 2004 medramos 82 centésimas e 3169 votos.
Municipio Coruña Congreso: respecto a 2004 diminuímos un 1'65% e 4743 votos. O PP subiu 1537 votos e o BNG baixou 752 votos. Sempre que se baixa malo, pero a porcentaxe e o número de votos parécenme pouco significativos.
No senado, polo menos desde o 96, sempre sacamos o cuarto posto na nosa circunscripción e creo que Losada obtivo un resultado satisfactorio polo seguinte: obtivo 30.000 votos menos que o terceiro candidato do PP, Vázquez obtivo 9.000 votos menos no 2004, Vázquez obtivo 118.000 votos menos no 2000, e Fernández Moreda 79.000 menos no 96. Tendo en conta que o carisma de Vázquez resulta incuestionable deduzo que a pesar de seren listaxes abertas predomina, ao tratarse de eleccións xerais, o voto ao partido e non á persoa, pois senón non se explicarían as diferenzas de votos de Vázquez entre o 2000, 171.664 votos, e o 2004, 265.110 votos.
Buen análisis, Gerardo.
A mí me parece muy interesante la propuesta que hace poco secundaba Gregorio Peces Barba de ampliar el número de diputados a 400 y distribuir esos 50 nuevos congresistas en función de los votos "excedentes" que no hayan sido aprovechados para elegir algún diputado, en base a un distrito electoral nacional único.
Eso permitiría que partidos como IU no fueran penalizados como lo han sido por el sistema electoral.
Permitiría incluso potencialmente la creación de algún partido nuevo, cosa que, en democracia, es siempre deseable.
Bien Gerardo, bien, ya te estás mojando; ves cómo tenía razón en que eres un tipo inteligente.
Primer anónimo
A Gerardo: enhorabuena por tu artículo. Una vez más es un placer descubrir que un análisis de la actualidad política puede ser clara y sencillamente narrado. Comparto tu exposición y tu confianza en nuestro Presidente.
Qué pena que a continuación se encuentre el comentario de un zote anónimo. Si uno no entiende algo es bueno preguntar, hasta ahí todo bien. Pero cuando se pregunta desde la impertinencia y la prepotencia, entonces la pregunta se vuelve mordaz.
Este chico, tipo, probablemente sufra de calentamiento, no sé si global, tal vez acelerado (al Polo Norte le queda un rato) y por eso pide a Gerardo que se moje, que se moje –caso claro de proyección-, para acabar recriminándole su parecido con Rajoy, a quien precisamente no ha dejado de emular en sus escasas cinco líneas. Espero que estos días de lluvia le hayan aliviado.
Publicar un comentario